Romaría Pop

A Romaría Pop volta coa súa terceira edición o vindeiro 14 de xuño. O evento, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, é xa unha referencia no calendario de festivais galegos pola súa aposta como espazo de convivencia e encontro para todo tipo de público coa música feita en Galicia coma eixo vertebrador

Deste xeito, dende o mediodía ata o solpor esperamos que o Parque de Belvís volte a acoller ás miles de persoas que nas edicións anteriores participaron dunha xornada de esparcimento nun magnífico e cómodo espazo no corazón de Santiago.  Ademáis dunha boa representación do mellor da escena independente galega, que fará as delicias dos máis melómanos, a Romaría plantexa outras opcións de ocio coma unha sección adicada a restauración tradicional e contemporánea, unha feira de roupa e vinilos, presentacións culturais e como non, as xa populares actividades orientadas aos romeiros cativos coma os obradoiros musicais infantís, de divulgación ambiental e respeto animal, actividades de creación de camisetas e zapatillas vinculadas ao rock e unha ampla oferta que iremos debullando de aquí ao 14 de xuño.

Pequenos e maiores poderán, ademais, pasar o tempo entre concertos nas presentacións culturais e nos postos de venda dispostos para a ocasión, gozar da ambientación musical ou achegarse ás barras de bebida e postos de comida repartidos polo parque.

Visita a web da Romaría Pop para estar ó día coas últimas novidades!

www.romariapop.com

Los comentarios están cerrados.