Entradas archivadas en CortaPega

Cortapega é o novo ciclo co que Desconcierto Cultural decide apostar firmemente pola música electrónica. A primeira edición deste evento terá lugar o 18 de decembro na Fundación SGAE de Santiago de Compostela. No ciclo estarán presentes interesantes proxectos internacionais, estatais e algunhas das propostas máis vangardistas que actualmente se están desenvolvendo en Galiza.

Dado que a música electrónica exhibe unha gran pluraridade técnica e compostiva, a proposta será esencialmente ecléctica, xa que comprende formas de música tanto culta ou experimental como formas máis populares de música e baile. Haberá música de sofá, pero tamén música coa que chegar ao amencer e estilos nos que se funden as máis diversas propostas.

Podes descargar a nota de prensa en galego dende esta ligazón, ou en castelán dende esta outra. Tamén podes consultar toda a información sobre este primeiro CortaPega na páxina web do ciclo, dende onde tamén poderás mercar as entradas anticipadas por un precio de 10€.