Entradas archivadas en Recreios

cabecera fb-paus2
Alén do Miño e as entrañas do Gerês, Portugal, tan preto e ás veces tan extraño, de cando en vez esquecido, pero amado no fondo de todo…

Novas propostas musicais lusas trasladanse a Galicia como mostra do vivo latexo cultural do país veciño. Pequenos comprimidos rítmicos directo aos ouvídos, novidades e apostas independentes que tornarán o teu estado de ánimo.

A primeira data dará cita ao experimentalismo folk de Coelho Radioactivo –álter ego de Jõao Sousa-, e da súa calma ao hardcore, o tropicalismo e a suor dunha das bandas de maior proxección internacional: PAUS.

Isto é un Recreio. E só o primeiro.

Toda a info en recreios.gal. As entradas anticipadas teñen un prezo de 10€ e están á venda na Tenda Reixa, billeteira do Teatro Principal, ou nesta ligazón de Ticketea. O precio de billeteira será de 13€.