Entradas etiquetadas con Calixta

A Noite Da Muller

 

En Desconcerto Cultural celebramos o Día Internacional da Muller co mellor da escena artística galega 100% feminina. Así, na xornada do 7 marzo, véspera do DIM, contaremos coa presenza de Angélica y Roberta, Calixta e Calamity Anne na sala Cachán Clube de Santiago, nun evento que demos en chamar “A Noite da Muller” e que contará con proxeccións e actuacións musicais.

Deste xeito, en Desconcerto Cultural seguimos a apoiar a  escena artística e musical galega, seguindo a liña de eventos como a Romaría Pop ou o Samaín Rock pero, desta volta, participando e apoiando unha celebración tan relevante a nivel mundial coma é o Día Internacional da Muller.

Porque o rock and roll non é cousa só de homes, Desconcerto Cultural trata de dar cabida a unha escolma de propostas  que,  trascendendendo o ámbito meramente musical, dan conta da forza e empuxe existente nunha escea creativa na que a muller fai tempo que derrubou estereotipos.