Entradas etiquetadas con Niño y Pistola

RP-date-815x315

A Romaría Pop, a unión de música pop e o mellor ambiente festivo herdeiro das romarías tradicionais, celebrará a súa segunda edición o sábado 15 de xuño no Parque de Belvís, de Santiago de Compostela.

Desconcierto Cultural coa colaboración do Concello de Santiago son, novamente, os organizadores desta cita.

Será un día no que centos de familias e amigos reuniranse no Parque de Belvís para gozaren de numerosas actividades culturais de balde; unha xornada acompañada co mellor da escena musical independente galega representada en bandas que ofrecerán un bo número de actuacións.

Descarga: nota de prensa con toda a información
Fotos en alta resolución: 1 | 2 | 3
Apúntate ó evento en Facebook | Ver páxina web